martes, 26 de mayo de 2015

miércoles, 20 de mayo de 2015

eTwinning 2015:1º Premio

V Concurso Europeo de Marcapáxinas- Letras Galegas 2015

O xurado do V Concurso Europeo de Marcapáxinas acordou conceder os seguintes premios:
  • 1º premio (100 €): Ainoa García-Puertas Pérez – IES Praia Barraña, Boiro, Galiza, España
  • 2º premio (75 €): Lisa Topi – Liceo Classico S. C. Calasanzio, Italia
  • 3º premio (50 €): Héctor Oanes Ferrín – IES San Clemente, Santiago de Compostela, Galiza, España
  • Accésit (30 €): Ana – Escola secundaria Carlos Amarante, Braga, Portugal
  • Accésit (30 €): Roberto Pérez Araújo – IES Maximino Romero de Lema, Zas, Galiza, España
  • Accésit (30 €): Eduardo Seivane – IES Muralla Romana, Lugo, Galiza, España
  • Accésit (30 €): Álvaro Rosales – IES Rey Don García, Nájera, A Rioxa, España
  • Accésit (30 €): Margarita Saborido Ojea – IES número 1, Santa Uxia de Ribeira, Galiza, España
  • Accésit (30 €): Antón Varela Gestoso – IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña, Galiza, España
  • Accésit (30 €): Camille Margaux – Lycée professionnel Jean d’Arcet, Aire sur l’Adour, Francia
Ao concurso, no que participaron 16 institutos de Portugal, Italia, Francia e España, presentáronse case 300 marcapáxinas a través do proxecto eTwinning Letras Galegas 2015 – Rosalía de Castro, que ten outras actividades como gravación de vídeos, curso de galego, cronoloxía e tradución de obras de Rosalía e de outros autores como o portugués Fernando Pessoa e o xenovés Edoardo Firpo.

lunes, 13 de abril de 2015

eTwinning 2015: V concurso europeo de marcapáxinas


 Alt Image

 The 5th European competition of bookmarks

Aínda que este ano, o Día das Letras Galegas adícase a Xosé Filgueira Valverde, escollemos traballar con Rosalía de Castro no proxecto. Ela foi a primeira autora homenaxeada no Día das Letras Galegas en 1963. Rosalía de Castro é unha autora moi coñecida, recoñecida internacionalmente e ten moitas das súas obras traducidas a diferentes idiomas. Tamén ten moito material didáctico publicado.

O obxectivo principal deste proxecto é dar a coñecer a lingua galega e a obra da escritora Rosalía de Castro. Os estudantes deseñarán marcapáxinas inspirados na obra en galego desta autora e empregarán as novas tecnoloxías como medio de traballo.
O IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o
V concurso europeo de marcapáxinas
Sobre a figura de Rosalía de Castro

Bases:
1. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión será até o 8 de maio e o xurado dará a coñecer a súa decisión a finais do mes de maio.
2. Admitiranse dous traballos como máximo por cada participante.
3. Cada marcapáxinas deberá ter dúas caras.
4. Medidas: 18x5 cm.
5. Formato dixital BMP ou PNG, con resolución 300dpi.
6. Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo premio por valor de 75 e un terceiro por valor de 50.
7. Os premios non se poderán declarar desertos.

Práctica 17: Prácticas Gimp

Realizade as 6 Prácticas do Gimp entregadas e publicade como entrada no voso blogue para cada unha das prácticas as imaxes iniciais e finais retocadas co Gimp. As prácticas son as seguintes:


Práctica 17.1 GIMP: La primera imagen

Práctica 17.2 GIMP: Selecciones y capas

Práctica 17.3 GIMP: Logotipos

Práctica 17.4 GIMP: Clonado

Práctica 17.5 GIMP: Montaje sombras

Práctica 17.6 GIMP: Montaje rostro


Exemplo Practica 1: Imaxe inicial







                                      e imaxe final

Imaxe dixital: GIMP

GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits, tanto debuxos coma fotografías. É un programa libre e gratuíto. Está englobado no proxecto GNU (sistema operativo completamente libre).
Gimp é unha alternativa firme, potente e rápida a Photoshop para moitos usos, aínda que non se desenvolveu como un clon del e posúe unha interface bastante diferente.
GIMP le e escribe a maioría dos formatos de ficheiros gráficos, entre eles; jpg, gif, png, pcx, tiff, os de Photoshop, ademais de posuír o seu propio formato de almacenamento de ficheiros, xcf. É capaz de importar ficheiros en pdf. Tamén importa imaxes vectoriais en formato svg creadas, por exemplo, con Inkscape.

GIMP. Aquí podedes descargalo.

Euroscola 2015

Durante estes dous meses estivemos traballando na elaboración dun blogue para Euroscola 2015.  Para ver todo o noso traballo pincha en desenvolvementoboiro.

Aquí algunhas das mostras da prensa:

- Recepción do alumnado de 1º Bacharelato participante en Euroscola 2015 polo Sr. Alcalde de Boiro.

Enlace a noticia: Noticieirogalego.


http://www.noticieirogalego.com/2015/04/recepcion-do-alumnado-do-ies-praia-barrana-no-concello-de-boiro/

 (La Voz de Galicia, 9 de Abril 2015)
.

miércoles, 25 de febrero de 2015

Iniciativa de los equipos Euroscola

Leede con moita atención o seguinte enlace para atopar toda a información relativa a iniciativa.

PREPARAD LA ACTIVIDAD/INICIATIVA DE LA FASE FINAL

Tenéis que iniciar la planificación y labores de comunicación necesarias para preparar vuestro blog para la Fase Final con la(s) actividad (es) o la iniciativa (s) solidaria (s) que contribuya/n a la construcción de un futuro más justo y sostenible para la humanidad. Y también dar a conocer los programas europeos de cooperación al desarrollo y las estrategias europeas de lucha contra la pobreza dentro y fuera de la UE.